• Mundo Forestal

O 3 e o 10 outubro Lourizán impulsa unhas xornadas sobre aproveitamento medicinal das plantas


O Centro de Investigación Forestal de Lourizán organiza o 3 de outubro unha Xornada Técnica sobre Aproveitamento sostible de plantas galegas de interese medicinal, aromático e cosmético, que se celebrará na Biblioteca Municipal de Mondariz.

De todos xeitos, para as persoas que non logren entrar nesta primeira quenda haberá una 2ª edición desta xornada o sábado seguinte, o día 10 de outubro.

O programa inclúe unha parte teórica e outra práctica, na que haberá unha saída ao campo a recoller plantas e o seu posterior procesado para a obtención de distintos aproveitamentos mediciñais ou aromáticos. A actividade será impartida por técnicos do CIF de Lourizán e persoal da cooperativa Milhulloa de Palas de Rei, adicada ao cultivo e procesado de plantas para infusións e cosmética. 




0 vistas0 comentarios